miércoles, 30 de abril de 2008

Da visita de Marinha

Lo prometido es deuda. Tu gatita, tu gatita...



Da quedada

Estimados colegas, coa visita da Marinha organizamos quedada. Para os que esteades en Compostela vémonos as 20.30 no Atlántico. A xuntanza promete.

miércoles, 23 de abril de 2008

Para o traballo

AS PERSONAXES TEÑEN QUE ESTAR AÍ PARA ALGO.

Nada máis simple e nada máis complexo. Ata o momento as nosas personaxes figuraban (e elixo o termo conscientemente) no relato para servir de mero medio de transporte á nosa benquerida ovella. Eran pouco máis que unha mochila. Así que pensamos en facer unha historia para cada unha delas; unha trama na que a ovella fose o detonante dun conflicto (ou proceso) latente. E atopamos un motivo para cada acto....( se cando lle damos á cabeza....)


ACTO 1. DUBLIN. CONFLICTO LABORAL.

Nas anteriores sesións acordaramos que un dos dependentes da tenda de agasallos lle daba a ovella á rapaza portuguesa porque o estado de conservación do animal facía imposible que alguén o mercara. Tamén falaramos de que a situación laboral dos empregados era bastante lamentable e comentaramos que tiñan que manter unha conversa para poder amosar algo do que é o gaélico. Pois ben, todo isto resúmese no seguinte.

Cando a rapaza entra na tenda o encargado (ou propietario) e un dos empregados están discutindo en voz baixa sobre da situación laboral do segundo e a súa maneira de levar a tenda. Interrompen e retoman a rifa constantemente, parando cando son solicitados por algún cliente ou o traballo lles esixe centrar a atención noutra cousa, e volvendo ó tema xusto despois. Nun deses momentos de pausa o empregado acode a recoller o boneco tirado no chan, e vendo o suxo que está lévao cara a caixa. Daquela a ovella pasa a centrar a discusión. O encargado considera que se pode poñer á venda canda as outras, que calquera guiri a compraría anque estea chea de merda e que non hai máis voltas de darlle. Suxire, en último termo, reducir o prezo do obxecto.
O empregado bótalle en cara a racanería e, facendo caso omiso do que lle di, regálalle a ovella á rapaza.
Cando a portuguesa sae toda contenta co seu bonequiño volvemos á tenda para asistir ao remate da discusión, na que o puteado empregado despois de espetarlle na cara ao encargado todo canto pensa del, abandona o traballo e vaise.

ACTO 2. LISBOA. CONFLICTO FAMILIAR.

Neste punto as nosa personaxes son a portuguesa (19?) e o seu irmán pequeno (8?). Máis que falar, esta xentiña rifa. Rifan por todo. E unha das razóns polas que rifan cando o noso ollo repara neles é a ovella. O rapaz quere xogar co boneco. Non porque teña especial interese no xoguete, no bonitiño que é e no suaviño que parece, senón porque devece por facer rabear a súa irmá. Como a irmá non llo deixa, o rapaz ( que doutro xeito nunca tería reparado nunha ovelliña de peluche con pinta cándida e mesmo ñoña) non pensa noutra cousa que roubarlla. E a irmá non é que lle teña un afecto especial a ese obxecto que lle deron de casualidade, senón que basta que seu irmán queira unha cousa para que ela se afane en negarlla, así que inventa unha historia sobre a importancia que o bicho ten para ela e os sentimentos e recordos que lle reporta.
A cousa complícase cando o rapaz rouba a ovella e a leva canda si ao parque. Faino para que a irmá sufra cando non a atope e pase toda a tarde mirando por ela. Pero trala improvisada partida de fútbol (que para evitar presencia de pequenos pode ser unha pachanga a dous), o boneco pérdese e o plan cháfase. Xa non pode volverlle o xoguete á súa irmá. Así que arrepentido pola trasnada e temeroso das consecuencias pasa a tarde no parque na procura da ovella. Namentres o boneco é recollido polo peregrino faise noite, e vemos que a irmá preocupada acode ao parque en busca do pequeno. Cando o atopa,
cabizbaixo e mesmo choriñento, réstalle importancia ao asunto, dalle bicos e bicos e apertas e lévao para a casa algo máis contento.



ACTO 3. SANTIAGO. CONFLICTO AMOROSO.


O peregrino que colleu a ovella é un rastafari perroflauta deses que gastan pais con Mercedes y que se enrollan con el mundo. Vamos, que es un pijo que va de bohemio pero, aínda así, bo rapaz. O caso é que tira cara Santiago na procura dunha moza que coñeceu no Festival de Paredes de Coura (ou noutro calquera que se faga en terras portuguesas e teña sona internacional).
Á súa chegada a Santiago, previo paso por algunha das rúas recoñecibles da cidade, vai directo cara un bar do que lle falou a tipa nas súas conversas baixo a noite estrelada (esto sabémolo porque o tipo fala coa ovella de corrido e pouco a pouco imos coñecendo a historia do rapaz e da súa aventura). Como localización ben valería a terraza do Bartolo, lugar típico que non tópico da vida compostelana. Namentres a espera (á rapaza, digo) o perroflauta mantén o soliloquio coa ovella e vemos pasar as xentes de Compostela, escoitamos as súas conversas, o noso idioma, e facemos un retrato da cidade. Pero cando chega, ( a rapaza, digo) tralos pertinentes saúdos e agarimos empeza a contarlle a historia da ovella. En fin... o que el matinou como historia da ovella. Unha filosofada sobre a liberdade, a pertenza de cadaquén a un lugar que é o mundo, e a necesidade de devolver ao bicho ao seu lugar de procedencia, que non pode ser outro que o campo, salvaxe e libre. Vaia que o pretende o cativo é levar a ovella e máis a rapaza "á horta".
O periplo finaliza no lugar coñecido en Santiago como "Selva Negra" , un paradisiaco e exótico ( jijiji) verxel a poucos metros da cidade, onde a parella disfruta da natureza e os seus instintos e a ovella do seu instinto e da natureza.

FIN.


Corolarios.

.- Anotei so o que acontece agora ás personaxes. O que matinaramos para a ovella sigue como estaba. (Salvo, evidentemente, o acto III que mudou completamente)
.- O Xavier comprometeuse a levar unha recua de ovellas , propiedad del señor Manolo, á Selva Negra. (Mamaíña, a ver se a contamos)
.- A Marta propuxo que a namorada santiaguesa fose unha das rapazas que acompañan á portuguesa en Dublín. Asi, a historia tornaría cíclica e xustificaríase que o rastafari (neste caso, eles dous) comezase a matinar na historia desa ovella xa coñecida pola rapaza. Este é un dos temas para o debate. Nunha historia de coincidencias e encontros fortuitos, esta última volta pode resultar fortuita de máis.

miércoles, 9 de abril de 2008

ojalá que te vaya bonito....

A nosa actriz (deberiamos buscarlle un nome) olla dende a fiestra as rúas da Compostela sen xente. E seduce á cámara con eses olliños tristeiros que conquistaron ao Vogler.
Está agardando que os deuses lle escriban a historia para poder ter un destino e un camiño polo que ir tirando.


A aventura comezou. A viaxe do heroe.

Mensaxe institucional da coordinadora

boomp3.com

martes, 8 de abril de 2008

A VIAXE DOS HEROES.


...a kelly family e o master& commander foron os nosos GARDIANS DO UMBRAL que nos fixeron ir pa diante e espabilar!
fomos capaces de e adaptarnos cun marxe de tempo minimo a todo tipo de cambios chafalheiros de ultima hora, e inda asi facer un trabalho como ten que ser!
Foi unha toda unha experiencia que vos agradezo e moitas lembranzas venhen a min neste momento...ASI QUE A CHUPAR DO FRASCO, tomade MOMENTO NOSTALXICO!!...
que sodes un equipazo!! (case como o supercompos no 93, só falta Caneda)
Profesionais!

Este grupo de intrépidos HEROES saiu adiante na misteriosa Eire,gracias a...

ós pichings de Mortal Komba... a que Martin é un survivor(algo innato)... Silvia unha guionista Heartbreaker (deixade que vaia o Chony a santiago,veredes!)... ás transmisións cifradas de Marta "El Topo"(que tamen se agobia ás veces)...e a que Olalla é en realidade Wonder Woman(desaparece pra salvalo mundo)...e moitos mais cousas que non vou ponher aqui!
Gusto da xente así, non hai trapalhada que vos bote atras!

Unha lembranza tamén para o santo MENTOR de pantalon de chandal, O chris Vogler.

Tamén coma esquecer ós nosos ALIADOS: Ricardo, Nuno, O Chony, Kitano o chino Yakuza, Kai alias Data ,Charlie Kauffman , Jason, Coco fotógrafar picture, a peidiera da Ester e a sua camada, o Paixao, Andreia e Francisco, e victor Mr.Penguin.

So me resta dicer moi orgulhosa...Que entren los guionistas...
y Miki Molina!
unha forte aperta con moito afecto, (e efecto):
A GITANELE.

Da despedida

Fixen o camiño de volta ao aeroporto nun taxi que me levou polas rúas que pasabamos a cotío e fun saíndo do Prodigi e de Dublín a golpe de flashback. Tomei conta de que a pegada destes días e destas xentes fora meirande do que agardara e sorprendeume descubrime nun sentimento de apego semellante á morriña que deixaba en min un rastriño de pena.

O taxista evitou (penso que intuitivamente) o New Media Technology College, para que as malas impresións quedaran á marxe. E a cidade á que nos cuspiran sen templanzas tornou máis fermosa cando a ollei dende fóra.

Reparei no aprendido e no tempo traballado e agradecín tervos atopado no camiño. Á fin non resultou nada mal.
Muito Obrigado e vaia esta guiness por vós.


Sláinte!