martes, 8 de abril de 2008

Da despedida

Fixen o camiño de volta ao aeroporto nun taxi que me levou polas rúas que pasabamos a cotío e fun saíndo do Prodigi e de Dublín a golpe de flashback. Tomei conta de que a pegada destes días e destas xentes fora meirande do que agardara e sorprendeume descubrime nun sentimento de apego semellante á morriña que deixaba en min un rastriño de pena.

O taxista evitou (penso que intuitivamente) o New Media Technology College, para que as malas impresións quedaran á marxe. E a cidade á que nos cuspiran sen templanzas tornou máis fermosa cando a ollei dende fóra.

Reparei no aprendido e no tempo traballado e agradecín tervos atopado no camiño. Á fin non resultou nada mal.
Muito Obrigado e vaia esta guiness por vós.


Sláinte!

1 comentario:

mare dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.